FELICES E DIVERTIDAS VACACIÓNS!

          Despois de todo este tempo vivido e de vernos máis a través dunha pantalla que en persona quérovos dar as grazas por participar na elaboración deste blog, de enviar os vosos xogos e tarefas. 
          En setembro volveremos a vernos e recordaremos este tempo como unha oportunidade de conocernos doutro xeito, nos nosos fogares e coa nosa familia.

MILGRAZAS!

   Xa sabedes que me gustan moito as peonzas. Aquí vos deixo este agasallo para que alucinedes coma min. 



A pesca do pau

Aquí vos deixo este xoguete feito por min para que intentedes facer un, con axuda, claro.


              

E ti... que deporte practicas?

Ola a todas e todos!
Seguro que estades facendo moitas actividades e deportes ó aire libre.

Simón, "Superdeportista sen descanso"


Fixádevos en Carlos facendo Tekwondo con ese fondo da Ponte vella.

Martín e Pablo en acción!

Reto: facemos un xoguete

Ola a todos!
        Xa sabemos que estades facendo moito exercizo e que xa fai calor. 
         Por iso vos propoñemos facer un xoguete con material reciclado.
          Do libro "Os xoguetes do lixo", da editorial A Nosa Terra, aquí vos deixo estes dous que creo vos poden resultar sinxelos e entretidos.



E xa temos os primeiros participantes, Pablo, Martín e o seu papi presentan o "AIR HOCKEY AT HOME"


Daniel e Martín co seu xoguete