El gorila

 Cantamos e bailamos esta canción que está no libro disco "En Cabárceno se oye cantar", de Susa Herrera.



Se queres coñecer máis libros discos desta mestra e escritora visita a súa páxina web


e o seu derradeiro libro disco






             







Sacamos as nosas peonzas

        Xa está cerca o San Martiño, o magosto, a nosa festa,...
               e xa temos gañas de xogar cos nosos peóns.








LA PEONZA, curtametraxe

 Que fácil é ter unha peonza. Mirade como a fai este neno


 Comeza o mes de novembro e chegan.....as PEONZAS, buxainas, peóns, baldufas,....

Déixovos este enlace do tema "La Baldufa" do compositor Bizet.


POR FIN VOLTAMOS AO COLE!

OLA A TOD@S!
Por fin estamos de volta e nada vai fastidiar as nosas gañas de xogar e aprender.
Sabedes que vos pedín para 1º e 2º:
unha pelota de escuma, coma esta
Aidapt VM708 - Pelota de Espuma para Apretar (Pelota de Estrés) - naranja:  Amazon.es: Salud y cuidado personal

e unha raqueta de man, que podedes fabricar con material de refugallo. Neste enlace podedes seguir o proceso:


FELICES E DIVERTIDAS VACACIÓNS!

          Despois de todo este tempo vivido e de vernos máis a través dunha pantalla que en persona quérovos dar as grazas por participar na elaboración deste blog, de enviar os vosos xogos e tarefas. 
          En setembro volveremos a vernos e recordaremos este tempo como unha oportunidade de conocernos doutro xeito, nos nosos fogares e coa nosa familia.

MILGRAZAS!

   Xa sabedes que me gustan moito as peonzas. Aquí vos deixo este agasallo para que alucinedes coma min. 



A pesca do pau

Aquí vos deixo este xoguete feito por min para que intentedes facer un, con axuda, claro.


              

E ti... que deporte practicas?

Ola a todas e todos!
Seguro que estades facendo moitas actividades e deportes ó aire libre.

Simón, "Superdeportista sen descanso"


Fixádevos en Carlos facendo Tekwondo con ese fondo da Ponte vella.

Martín e Pablo en acción!

Reto: facemos un xoguete

Ola a todos!
        Xa sabemos que estades facendo moito exercizo e que xa fai calor. 
         Por iso vos propoñemos facer un xoguete con material reciclado.
          Do libro "Os xoguetes do lixo", da editorial A Nosa Terra, aquí vos deixo estes dous que creo vos poden resultar sinxelos e entretidos.



E xa temos os primeiros participantes, Pablo, Martín e o seu papi presentan o "AIR HOCKEY AT HOME"


Daniel e Martín co seu xoguete











Reto : flexiona e coloca

Pablo e Martín vos propoñen este reto. 
ÁNIMO!!


Simón superando o reto

Daniela Oliveira superou o reto


Michael Jordan, un supercampión

Se tedes tempo non deixedes de ver esta historia dun dos mellores deportistas do mundo:
MICHAEL JORDAN

Reto:"inventa un saúdo"

A nosa compañeira Candela de 6ºB propón un reto:

"Inventar un saúdo sin empregar as mans, nen bicarse nen dar apertas"
( só mentres non poidamos)


XOGO POPULAR


PARA INVESTIGAR
 Brais, de 6º B investigou no seu pobo si había algún xogo tradicional e este foi o resultado.
ANÍMATE E fai de investigad@r


Enzo Blanco ensínanos a xogar ao "Moco"




fai o teu futbolín

Ola chicas e chicos!
 Propóñovos  a elaboración dun futbolín.
MATERIAL NECESARIO:
- 1 caixa de cartón
-12 pinzas da roupa (6 por equipo)
-6 pinchos de madeira
-plastilina ou boliñas de porexpan
- rede das que traen algunhas froitas
e....gusto para decorar!





Mario e Candela fixeron o seu futbolín

Chulísimo! 


Zoe fixo un futbolín moi personalizado!

Daniel y Martín co seu futbolín


e xa temos o futbolín de Ainhoa Ospina de 1ºB



Reto: Baile de Daniela de 1ºA e papi

Imos bailar e traballar cos músculos de todo o corpo.
Parece fácil, verdade?
pois... ÁNIMO!


Tristán e Pablo facendo o reto

reto conseguido por David e Carla Graña

Reto: coloca o rollo no plato

                  Aldán Goyanes de 3º proponvos un novo reto:

Deitado, colle un rollo de papel hixiénico e colocao, agarrandoo cos pés , no plato que hai detrás da túa cabeza. Serías capaz de volvelo deixar diante dos pés outra vez?
ÁNIMO!


Zoe facendo o reto




Lara e Uxía facendo o reto
 

Lidia de 5º superando o reto

Reto tenis-globo

Comezamos unha nova semana! e a proposta de hoxe a fan dous compañeiros vosos, Pablo de 4º B e Martín de 4 anos A.
Atrevédesvos a xogar ao tenis na casa? 😱
Con Globos!!!!


Daniel e Martín apuntáronse ao reto

Ada, de 3ºB coa súa familia xogando ao Tenis e ao voleibol






Control respiratorio

        Hoxe, día das Letras galegas, propóñovos un xogo recitado. Consiste en repetir o texto que aparece debaixo 4 veces (ou máis) sen coller aire.

Catro bois
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga… (ata dicir catro veces).

Eu...conseguinno!

https://drive.google.com/open?id=1biqxeyulHETddQryyKPrJCchP3Se4db2


 

Circo del Sol

Hoxe, 15 de maio, podes disfrutar dun novo espectáculo do Circo do Sol, ás 21h.
Preme na imaxe e conectarás co Circo do Sol.
Circo e patinaxe xuntos




Construímos unha peonza


Ola a todos e todas!. Hoxe imos construír unha peonza.


      
        Aquí vos deixo unha canción titulada "Soy una pequeña peonza", de orixe polaco. Confeccionaban uhas peonzas de 4 caras durante a festa da Janucá, nas escolas relixiosas. Facíannas con restos de chumbo que ían xuntando o resto do ano.




Do libro " cancioncillas del jardín del Edén". Ed. Kókinos.


                Enzo de 3º construíu unhas peonzas moi chulas


 Zoe de 2ºB e a súa peonza


Aquí están Daniel de 4ºB e Martín de 1ºB coa súa peonza


Mariña, de 2ºB tamén fixo unha peonza moi chula



Guille, de  5ºB e a súa orixinal peonza

 
Mirade que ben baila a peonza de Diego



Déixovos a canción para que vos animedes a cantar mentres a vosa buxaina baila


Reto "imos de pesca"

Queredes ser pescadores ou pescadoras na casa? Pois este é o voso reto.
ÁNIMO!

Sara recollendo a súa pesca


Lidia apuntouse ao reto

e Uxía de 5º

Mellora a túa condición física


O profe Carlos faivos estas propostas agora que podedes saír ao exterior.

                                    Deporte en familia                                   




David Granja, 4ºB

Cóntanos que fas!


Ada de 3º B xogando cos patos


Miguel, de 4º A axundando ca súa bicicleta e axudando na casa



Aldán Goyanes, de 3º a "toda pastilla" coa súa bicicleta


Laura Martínez de 3ºA facendo exercizo por Ourense

na ponte Milenio e facendo o pino!



Mauro de 3ºA voa coa súa cometa


Daniel e Martín cos seus avós, axudando na horta



Enzo e a súa familia disfrutando dos paseos e da bicicleta.


 Diego González Alvar, de 1ºA aproveita as saídas para ir ao monte co seu can Jonhy e subir polos penedos.
Que sorte tes de estar no campo!



 
O noso compañeiro de 1º, Daniel Manrique, participou nun campionato virtual de axedrez.

NORABOA DANIEL!



Xogos e saúde


Nesta páxina podedes aprender moitas cousas sobre como coidarnos


Reto "limpando a casa"

Un novo reto! Imos alá!

"LIMPANDO A CASA"

precisamos:
-unha palliña
-unha servilleta
- unhas tesouras
-un recipiente


E aquí están os máis limpadores!

Sara de 1ºB e Pablo de 5ºA

Lara de 2º B e Uxía de 5º B

Daniel, 4ºB


Martín, 1ºB
Daniel Rosón, 1º

Reto: imos de compras!


 E xa temos aos primeiros valentes que superaron o reto:

Martín 4 anos A


Pablo 4º B

                                          
                                                                          Zoe 2º B


Éric, 3 anos B






DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe celébrase O Día Internacional da Danza

Déixovos este vídeo dunha grande beleza, artes unidas: pintura e danza.

Reto: saludo al sol

Proposta de hoxe:
fai o saúdo ao sol e manda o teu vídeo ao correo que está na cabeceira do blog


Papiroflexia para o Día da nai

Supoño que sabedes que o día 3 de maio é o Día da nai
Propóñovos traballar a psicomotricidade fina, a atención e concentración, moi importantes na práctica deportiva.
 Tedes un folio?, pois veña!, podedes facerllelle de papiroflexia: un vestido . Seguro que lle vai gustar (anque non lle sirva a talla); ou unha camisa.
Déixovos os enlaces a uns vídeos que o explican moi ben ( podedes pausar e volver para atrás)
Lembrade que tedes que utilizar un cadrado. Para iso, o folio ten que medir 21X21 centímetros (é a medida do ancho). Marcades no longo do folio 21, doblades por ahí e cortades o folio.
Tamén vos deixo outro vídeo, un corazón 💝

Mandádeme as fotos cos vosos agasallos!
Mirade o meu:
decorádeo como máis vos guste!





Futbolín con tapones

Ola a todos!

Mirade que fácil é xogar ao futbolín con tapóns.


Mandade as vosas fotos xogando!

Sara de 1ºB e Pablo de 5ºA


Daniel e Martín 

Reto-xogo "agarra o impar"

Aquí vai outra proposta para pasar millor estos días.

"agarra o impar" 
          

E aquí están os primeiros xogadores


Reto de Aladino

Aquí vai outro reto


E aquí está Daniela, de 1º A, superando este reto


Uxía,5ºB

Lara, 1ºA

Recolle e inventa

E seguindo co taboleiro que xa temos, propoño o xogo de 
"recolle e inventa"





                           reto superado por Daniela, de 1ºA
NORABOA!

Sopa de letras de profes

Como vexo que vos gustan as sopas de letras aquí vos propoño unha cos nomes de 16 profes do CEIP A PONTE.
 ÁNIMO!

E a primeira en enviar foi Zoe, de 2º B


Reto da vasoira

Ola a todos e todas!. As vosas compañeiras, Lara e Uxía, vos propoñen o "Reto da vasoira".

Coidado con doblarse de máis! ✌

Lara, 2ºB


Uxía,5ºB

E... preparádevos para o mércores, que ides VOAAAAR!!!!!


Miniaxedrez 4X4

Seguimos co taboleiro feito con cinta no chan co que podemos xogar ao Miniaxedrez 4X4

Esta é a distribución das figuras. Os movementos son os propios das figuras de xadrez.
Podes utilizar folios cos debuxos das figuras e colocalos en cada cadro.


4 en liña

Aproveitando o taboleiro que  fixemos para a danza MINUE podemos xogar a 4 en liña. Xa sabes, cada xogadora con 4 obxectos iguais 😊






Danza MINUE

Ola a todos. Acábame de chegar unha proposta de Sara de 2ºB que quero compartir convosco.
É a danza MINUE ou Amarelinha, baseada no xogo da Rayuela, e orixinal de África.


 GRAZAS SARA! 💓
    
             Unha variación sería empezando cada un nunha esquina da Rayuela.

                               


                                                         A música é :



Reto de coller lápices

Serás capaz de superarme?


Participantes:

Guillermo de 5°B




                                                                      Lara, de 2º B



Uxía, 5º B



Yllana, a maxia da expresión corporal e o humor

Se queredes pasar un rato divertido nos vos perdades as representación que o grupo YLLANA nos agasalla, só ata o 1 de maio


Sabedes que a expresión corporal é unha parte moi importante da educación física. Propóñovos un reto: fixádevos nalgunha parte dalgún dos espectáculos e intentade representalo. Podedes mandarmo ao correo que aparece arriba.

QUE VOS DIVIRTADES MOITO!

Preme na foto e busca os espectáculos

https://yllana.com/yllanatube/

Movémonos co cine

Propoño que nos movamos e xoguemos coas películas.

1. Facede equipos ou podedes xogar individualmente, por turnos.

2. Podedes empregar as tarxetas de películas que vos deixo. 
    Opcións:
                  - Imprimilas.
                  - Facer vós as vosas propias tarxetas.
                  - Utilizar as tarxetas na pantalla do ordenador ou tablet e segundo o número que se diga contar directamente sobre ela.
3. A xogar: 
                  - Si tedes as tarxetas feitas ou impresas poñédelas sobre a mesa cara abaixo, nun montón.
                   - Si empregades as tarxetas directamente na pantalla, só as pode ver a persona ou equipo que interpreta.
                   -A persona xogadora que lle toca interpretar a película, sin falar, ponse de pé frente aos xogadores que teñen que adiviñar. e colle unha tarxeta do montón. Se empregamos as tarxetas directamente na pantalla podemos empregar dados, bolas de bingo, papeliños numerados,... para saber que tarxeta hai que coller.
                   - O que adiviñe é ao que lle toca interpretar e consigue un punto.
                     - As tarxetas que xa saíron ímolas apartando.
             - Con 10 puntos conseguides un premio que debedes acordar antes de empezar a xogar: non facer a limpeza un día, non fregar, elexir o programa de televisión, elexir a actividade física a facer,...., xa sabedes, todo na casa!

TARXETAS