FÚTBOL-CHAPA

Mostrando IMG-20140919-WA0001.jpg

Agora, nos recreos, podes xogar ao "Fútbol-chapa". Podes decorar as túas chapas como queiras e xoga cos teus compañeiros.

Música tradicional

Hoxe visitounos Lito, mestre do centro de cultura popular Xaquín Lourenzo e fíxonos bailar e xogar coa canción "Millo verde"


XOGOS POPULARES

Hoxe recibimos a visita de Lito, que é o encargado na Diputación de Ourense da sección de xogos e tradicións populares. Ensinounos a xogar á "Billarda" e aquí estamos practicando:



COPA GALICIA DE XIMNASIA ACROBÁTICA

Este sábado no pavillón das piscinas de Oira celebrarase o campionato de ximnasia acrobático de Galicia. Como xa sabemos de que vai esto da acrobacia con música, seguro que nos gustará velo en directo.

ODAIKO, a percusión

Hoxe, o1 de abril disfrutamos o alumnado e mestres do 3º ciclo dun novo espectáculo do grupo ODAIKO, uns percusionistas moi simpáticos.


"FUTBOLÍN"

http://www.futbolin-lapelicula.es/WEB OFICIAL
Sinopse
O director de xoias do cine moderno como "O segredo dos seus ollos" e "O fillo da noiva", pásase ao cine de animación con esta comedia familiar que chega ás salas de cine españolas despois de triunfar en Arxentina.

"Futbolín" cóntanos as aventuras de Amadeo, un rapaz tímido pero virtuoso que deberá enfrontarse ao máis temible rival sobre unha cancha de fútbol: 'O Crack'. Para iso contará coa inestimable axuda duns xogadores de fútbol de mesa liderados por 'O Wing', o seu carismático extremo dereito. Amadeo e os xogadores embarcaranse nunha grande aventura co fútbol como marco desta emocionante historia de amor, respecto, amizade e paixón.

acrosport

VIDEO COAS FIGURAS  DE ACROSPORT
As nosas primeiras figuras:




 



Este foi o resultado:




VIDEOS DO CAMPIONATO 2013, celebrado en Portugal FIGURAS segundo o número de personas