e xa temos gañas de xogar cos nosos peóns.
A figueira de pelostortos
Estamos preparando para o Samaín esta historia en teatro de sombras. Compartirémola con todos vós.
Facemos pelotas con globos e arroz
Serás capaz de facer estas pelotas de malabares?
Eu penso que si.
ÁNIMO!
E ti... que deporte practicas?
Ola a todas e todos!
Seguro que estades facendo moitas actividades e deportes ó aire libre.
Simón, "Superdeportista sen descanso"
Simón, "Superdeportista sen descanso"
Fixádevos en Carlos facendo Tekwondo con ese fondo da Ponte vella.
Martín e Pablo en acción!
Reto: facemos un xoguete
Ola a todos!
Xa sabemos que estades facendo moito exercizo e que xa fai calor. Por iso vos propoñemos facer un xoguete con material reciclado.
Do libro "Os xoguetes do lixo", da editorial A Nosa Terra, aquí vos deixo estes dous que creo vos poden resultar sinxelos e entretidos.
E xa temos os primeiros participantes, Pablo, Martín e o seu papi presentan o "AIR HOCKEY AT HOME"
Daniel e Martín co seu xoguete
Control respiratorio
Hoxe, día das Letras galegas, propóñovos un xogo recitado. Consiste en repetir o texto que aparece debaixo 4 veces (ou máis) sen coller aire.
Catro bois
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga… (ata dicir catro veces).
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga… (ata dicir catro veces).
Eu...conseguinno!
Construímos unha peonza
Ola a todos e todas!. Hoxe imos construír unha peonza.
Aquí vos deixo unha canción titulada "Soy una pequeña peonza", de orixe polaco. Confeccionaban uhas peonzas de 4 caras durante a festa da Janucá, nas escolas relixiosas. Facíannas con restos de chumbo que ían xuntando o resto do ano.
Do libro " cancioncillas del jardín del Edén". Ed. Kókinos.
Déixovos a canción para que vos animedes a cantar mentres a vosa buxaina baila
Reto: saludo al sol
Proposta de hoxe:
fai o saúdo ao sol e manda o teu vídeo ao correo que está na cabeceira do blog
Os xogos de Brueghel
Hoxe preséntovos este libro "Los juegos de Bruegel", con pestanas desplegables, que fala dun famoso cadro no que aparecen representados xogos populares.
Preme no cadro e verás todos os xogos identificados:
LA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Preséntoche o xogo da oca no que teredes que ir pasando probas físicas para chegar ao final.
Tamén podedes inventar outras probas con tarefas que vos gusten máis. Se é así podes mandarmas por correo electrónico.
Tes a plantilla e as probas. Podes copiar nun folio a plantilla, un dado, fichas, e..
A XOGAR!
O oso e os cazadores
Hai moitos xogos de taboleiro que podemos facer fácilmente.

5. Comeza a mover o oso ou a lebre, seguindo as liñas, e só un espacio ou tramo de liña. Logo move o cazador (calquera das tres pezas)
6. Se o cazador non consigue bloquear ao oso en 40 movementos gaña o oso.
Propóñovos un xogo que ten varios nomes dependendo en donde se xogara: os galgos e a lebre, os cazadores e o oso,.. En todo caso, síguese a mesma estratexia,a lebre ou o oso teñen que fuxir dos seus perseguidores.
O que teño eu é o do "oso e os cazadores "

←←←Plantilla para "O galgos e as lebres"
Como pezas podedes utilizar lentellas e un garabanzo (ou o que a vosa imaxinación queira)
Como pezas podedes utilizar lentellas e un garabanzo (ou o que a vosa imaxinación queira)
NORMAS DO XOGO:
1. Hai 3 que persiguen( cazadores ou galgos) e 1 que fuxe (oso ou lebre)
2. As posicións para comezar o xogo son como aparecen nas fotos e debuxo (o oso ou lebre no medio do taboleiro)
3. 2 xogador@s, un fai de cazadores e outro de oso. Despois dunha partida cambiamos os papeis.
4. O obxectivo consiste en acorralar ao oso ou lebre nunha esquina e que non teña opción para moverse.
5. Comeza a mover o oso ou a lebre, seguindo as liñas, e só un espacio ou tramo de liña. Logo move o cazador (calquera das tres pezas)
6. Se o cazador non consigue bloquear ao oso en 40 movementos gaña o oso.
Hai algunhas diferencias no xogo segundo o taboleiro pero a forma máis sinxela e como vola deixo.
ÁNIMO E A XOGAR!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








