etiquetas

LA OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Preséntoche o xogo da oca no que teredes que ir pasando probas físicas para chegar ao final.
Tamén podedes inventar outras probas con tarefas que vos gusten máis. Se é así podes mandarmas por correo electrónico.
Tes a plantilla e as probas. Podes copiar nun folio a plantilla, un dado, fichas, e..

A XOGAR!

 

 
 

CUA CUA CUA

Propoño este xogo de mans para os máis pequenos, ou non tanto.

?rel=0

e agora que sabes a letra e o ritmo busca parella
quen ten máis reflexos?
quedan as mans separadas, sen tocarse, e o de abaixo debe darlle por riba unha palmada. O que está por riba ten que retirala a tempo sen que lle dea o outro.


?rel=0

BAILE

As vosas compañeiras de 6º propóñenvos este baile. Fixádevos ben!
Mándame o teu vídeo ao correo!

?rel=0

A bailar!

Deixo este enlace a un canal que, anque está en inglés, ofrece moitos vídeos para bailar.
Anímate!

Conecta 3

Hoxe propoño outro xogo de taboleiro que podedes construír con elementos caseiros

CONECTA 3

      Colle un folio e parteo en 4 partes, Só necesitas unha das partes. 
Agora, cunha arandela tes que debuxar o taboleiro de xogo:












Xa chegou esta aportación de Sara Moure, de 2º B, que fixo un Conecta 3 con figuras de Shimmer y Shine.

MOÍTISIMAS GRACIAS SARA!


 ÁNIMO CHICOS!

                                             





















Frasco da calma

Para momentos coma os que estamos pasando hai que saber relaxarse. Segue os pasos e fai o teu "frasco da calma"



Enzo 3º
NORABOA!

O oso e os cazadores

Hai moitos xogos de taboleiro que podemos facer fácilmente.
Propóñovos un xogo que ten varios nomes dependendo en donde se xogara: os galgos e a lebre, os cazadores e o oso,.. En todo caso, síguese a mesma estratexia,a lebre ou o oso teñen que fuxir dos seus perseguidores. 
O que teño eu é o do "oso e os cazadores "



 ←←←Plantilla para "O galgos e as lebres"
Como pezas podedes utilizar lentellas e un garabanzo (ou o que a vosa imaxinación queira)

NORMAS DO XOGO:

1. Hai 3 que persiguen( cazadores ou galgos) e 1 que fuxe (oso ou lebre)
2. As posicións para comezar o xogo son como aparecen nas fotos e debuxo (o oso ou lebre no medio do taboleiro)
3. 2 xogador@s, un fai de cazadores e outro de oso. Despois dunha partida cambiamos os papeis.
4. O obxectivo consiste en acorralar ao oso ou lebre nunha esquina e que non teña opción para moverse.

5. Comeza a mover o oso ou  a lebre, seguindo as liñas, e só un espacio ou tramo de liña. Logo move o cazador (calquera das tres pezas)
  6. Se o cazador non consigue bloquear ao oso en 40 movementos gaña o oso.
Hai  algunhas diferencias no xogo segundo o taboleiro pero a forma máis sinxela e como vola deixo.
ÁNIMO E A XOGAR!

Xogo de mans en familia

Hoxe propóñovos este xogo de mans "este xogo xógase así"

YAPO

Xuntade á familia e facede esta percusión "YAPO"



Xogos para todos na casa

Hai que poñer a imaxinación a funcionar para poder facer exercicio na casa. Aquí vos deixo este vídeo de donde podedes sacar moi boas ideas.
ÁNIMO!

Reto

Hoxe propóñovos un reto para toda a familia


Aquí tes a canción:

XOGOS OLÍMPICOS 2020 TOKYO

SABEDES QUE ESTÁN CANCELADAS AS OLIMPIADAS POLO CORONAVIRUS?

Aínda así podemos aprender moitas cousas

Hoxe propóñovos saber algo máis das Olimpiadas. 
Cantos deportes olímpicos hai?
Que son os xogos Paralímpicos?
Que significa o paso da antorcha olímpica?
Que representan as mascotas?
...


E agora...a bailar



 
                      Máis vídeos no enlace CINE NA ESCOLA
PROPOSTA:

Inventa un xogo para facer na casa e compárteo cos demáis. 
A través de Abalar para o meu alumnado ou en comentarios para o resto.
Poñede a vosa imaxinación a funcionar!
Ahí vai o meu:


MÓVETE


Ola chicos e chicas! Comezamos uns días que imos recordar sempre. 15 días na casa polo ben de todos.
Isto  quere decir que é o momento de crear, inventar, imaxinar e sobre todo, convivir. Temos que ter rutinas que nos axuden a que o tempo pase da mellor maneira posible e manternos en forma.
Propóñovos facer estes sinxelos exercizos nun espazo da casa e, si se xunta toda a familia, xenial!